Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público para a organización da participación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na 14ª exposición internacional Expolangues 96 en París.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00), faise público:

1.-Obxecto: organización da participación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na 14ª exposición internacional Expolangues 96, que terá lugar en París entre o 15 e o 19 de febreiro de 1996.

2.-Orzamento: 3.511.203 ptas., IVE incluído.

3.-Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador, ou a persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, ata as 14 horas do día 12 de febreiro de 1996.

4.-Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 13 de febreiro de 1996.

5.-Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

540