Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da explotación mineira monte Abeledo.

O artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o organo ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da explotación mineira monte Abeledo, situada no lugar de Abeledo, no concello do Páramo, provincia de Lugo.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

* Concello do Páramo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondientes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

0544