Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publican as adxudicacións dos contratos de obra de construcción dun centro de actividades naútico-deportivo no concello de Oleiros (A Coruña) e oito máis.

Para os efectos previstos no artigo 94 da lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas , esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións de contratos de obras que se identifican de seguido.

1.-Resolución de licitación do 23 de novembro de 1995 (DOG número 229, do 29 de novembro) levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente.

1.1.-Obra obxecto de contrato: construcción dun centro de actividades naútico-deportivo, no concello de Oleiros (A Coruña)

-Adxudicatario: Ecinsa.

-Orzamento de adxudicación: 88.948.952 ptas.

-Prazo de execución : nove meses.

1.2.-Obra obxecto de contrato: urbanización do complexo deportivo do INEF de Galicia, no concello de Oleiros (A Coruña).

-Adxudicatario: Imasa Galicia, S.A.

-Orzamento de adxudicación: 97.114.374 ptas.

-Prazo de execución: seis meses.

1.3.-Obra obxecto de contrato: acondicionamento e mellora do pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Ordes (A Coruña).

-Adxudicatario: Construcións Mon, S.A.

-Orzamento de adxudicación: 28.009.246 ptas.

-Prazo de execución: catro meses.

1.4.-Obra obxecto de contrato: campo de futbol en Castriz, no concello de Santa Comba (A Coruña).

-Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

-Orzamento de execución: 22.450.000 ptas.

-Prazo de execución: oito meses.

1.5.-Obra obxecto de contrato: 2ª fase do pavillón polideportivo no grupo escolar de Traba, no concello de Santa Comba (A Coruña).

-Adxudicatario: Manuel Lavandeira Ínsua.

-Orzamento de adxudicación: 22.440.710 ptas.

-Prazo de execución: seis meses.

1.6.-Obra obxecto de contrato: construcción da piscina ó aire libre en Xanceda , concello de Mesía (A Coruña).

-Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 31.676.447 ptas.

-Prazo de execución: tres meses.

1.7.-Obra obxecto de contrato: construción do pavillón polideportivo en Guísamo , no concello de Bergondo (A Coruña).

-Adxudicatario: Airado y Maseda, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 64.161.171 ptas.

-Prazo de execución: sete meses.

1.8.-Obra obxecto de contrato: construcción do ximnasio e obras de mellora no pavillón polideportivo no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

-Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

-Orzamento de adxudicación: 26.140.467 ptas.

-Prazo de execución: cinco meses.

1.9.-Obra obxecto de contrato: construcción dun centro municipal de remo, no concello de Tui (Pontevedra).

-Adxudicatario: Construcciones Abal, S.A.

-Orzamento de adxudicación: 26.475.000 ptas.

-Prazo de execución: cinco meses.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

96-0349