Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se modifica a data de peche da tempada de pesca da angula nos ríos da provincia da Coruña.

Vista a proposta de modificación realizada polo Servicio de Medio Ambiente Natural da Coruña por mor das condicións hidrolóxicas que atrasaron o inicio da campaña de pesca da angula; visto o informe do Comité Provincial de Pesca Continental da Coruña, e de acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 24 de febreiro de 1995, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, esta dirección xeral resolve atrasa-lo peche da tempada de pesca da angula nos ríos da provincia da Coruña ata o 31 de marzo de 1996.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

0356