Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración do expediente 2/1996.

Expediente número 002/1996.

Obxecto: ordenador servidor. Servicios de información.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 6.350.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 127.000 ptas.

Este expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 18 de xaneiro de 1996.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, nos que se indique o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre elas.

-Descrición do equipo técnico e medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

-Control efectuado pola Administración ou, en seu nome, por un organismo competente do Estado no cal o empresario está establecido, sempre que medie acordo do dito organismo, cando os productos que se van subministrar sexan complexos ou a título excepcional deban responder a un fin particular, este control versará sobre as capacidades de pro

ducción e, se fora necesario, de estudio e investigación do empresario, así como sobre as medidas empregadas por este último para controla-la calidade.

Solvencia económica e financeira.

La solvencia económica y financeira se acreditará por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación dos mesmos sexa obrigatoria nos estados nos que aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderá acreditar a súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderase ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo, para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-Prezo ofertado.

-Calidade, valor técnico e funcionalidade.

-Custo de utilización e mantemento, de ser necesario.

-Servicio de asistencia técnica, posvenda e posibilidade de repostos.

-Prazo de entrega.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavellón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións, rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

233