Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da obra do expediente 402/1996.

Expediente número 402/1996.

Obxecto: instalación de detección automática de incendios e pulsadores de alarma. Residencia de Estudiantes Acea de Olga.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 15.106.110 ptas., IVE incluído.

Garantía provisoria: 302.122 ptas.

Este expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 18 de xaneiro de 1996.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Certificación expedida polo órgano da Administración correspondente, na que se faga constar que a empresa realizou, dentro dos últimos cinco anos, obras de natureza análoga á de concurso, a plena satisfacción.

Cando o licitador executase, durante os cinco últimos anos, algunha obra de natureza análoga para a Universidade de Santiago de Compostela, o certificado deberá referirse, necesariamente, ás ditas obras.

-Títulos académicos e experienciua do empresario e dos cadros da empresa e, en particular, do ou dos responsables das obras.

-Declaración na que se indique a maquinaria, o material e o equipo técnico do que disporá o empresario para a execución das obras.

-Declaración na que se indiquen os efectivos persoais os medios anuais da empresa e a importancia dos seus equipos directivos durante os tres últimos anos.

-Declaración na que se indiquen os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras.

Solvencia económica e financeira.

La solvencia económica y financiera se acreditará por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación dos mesmos sexa obrigatoria nos estados nos que aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderá acreditar a súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderase ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo, para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-O 50% da puntuación datase en función do prezo ofertado.

-O 40% da puntaución darase en función da solvencia técnica.

-O 10% da puntuación darase en función do prazo de execución ofertado.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavellón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións, rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

497