Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, de expediente de gasto dunha consultoría e asistencia para a contratación dos servicios de apoio informático para o Centro de Soporte Técnico do Sergas.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto.

3. a) Lugar de relización da consultoría e asistencia: Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza da consultoría e asistencia: Contratación dos servicios de apoio informático para o Centro de Soporte Técnico do Sergas.

-Orzamento total: cento oitenta e sete millóns novecentas vinte mil pesetas( 187.920.000 ptas.), IVE engadido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto dos subministracións reque¡iridos.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de claúsulas administrativas, punto 2.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Servicio de Xestión Económica; Edif. administrativo San Caetáno; teléfono 54 54 00, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 29 febreiro 1996.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 7 marzo 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. D. Xeral de Recursos Económicos. Edif.Administrativo. San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do 18 marzo 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, 3.758.400 Ptas. Ver punto 9 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 11.

14. Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 15 xaneiro 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

496