Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración e publicación da revista O Espello Social.

Obxecto: elaboración, deseño e publicación da revista O Espello Social, especializada en divulgar información en materia de servicios sociais.

Tipo de licitación: 11.900.000 ptas. (IVE incluído)

Prazo de execución: 10 meses.

Garantía provisional: 238.000 ptas.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Dirección Social de Servicios Sociais ás 11 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas. As empresas que desexen facer vale-la súa inscrición no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán indica-lo en documento á parte, grampado exteriormente no sobre da documentación persoal.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

95-0237