Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da zona 10-A do SU-5.

Polo presente anuncio, ponse en xeral coñecemento que, o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 15-12-1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 10-A do SU-5 por instancia de Antonio Guedella Álvarez, en representación de Construcciones Guedella, S.A.

De conformidade co artigo 117 do T.R.L.S., sométese a exposición pública durante 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Ley 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

96-0430