Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 701

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4173 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. parroquia Chao de Fabeiros-Monforte de Lemos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en conductores LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 3.025 metros. Dous centros de transformación de 50 kVA, 20.000/400-231 ± 2,5% ± 5% V, en Fabeiros e Ermida. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50-25, con unha lonxitude de 2.496 metros, para mellora do servicio eléctrico na parroquia Chao de Fabeiros, no concello de Monforte de Lemos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 23 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0044