Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Saénz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Armillán e Toldaos-Láncara, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de, liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.273 metros, en condcutor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión, cunha lonxitude de 180 metros, con conductor R.Z.-95 mm Al, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Armillán e Toldaos, no concello de Láncara.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 9 de novembro 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-0043