Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 700

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 7/1996, do 12 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica que une a subestación de Vilar de Colo coa liña As Chancas-Franza (Expte. número 115/94), e da liña Armuño-Lubre (Expte. número 26604), nos concellos de Fene e Bergondo respectivamente.

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución dos proxectos de construcción das liñas eléctricas aéreas seguintes:

a) Expte. nº 115/94, liña eléctrica aérea, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-110, de 566 m de lonxitude en triple circuíto, seguido de 3.197 m en dobre circuíto, con orixe na subestación de Vilar de Colo e remate no apoio nº 6 de L.M.T. As Chancas-Franza, no concello de Fene (A Coruña) e

b) Expte. nº: 26604, liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 397 m de lonxitude, e derivación de 15º m ó novo C.T. de Lubre, con orixe no CT de Armuño e final na L.M.T. Pedrido-Lamastelle, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-56, no concello de Bergondo (A Coruña).

As ditas instalacións autorizáronse, declaráronse en concreto de utilidade pública, e aprobouse o seu proxecto de execución, a primeira por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 17-2-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 21-3-1995, no BOP da Coruña do 10-4-1995, e no BOE do 23-3-1995, e a segunda por resolución do mesmo organismo do 17-10-1989 que se publicou no DOG do 27-3-1990, no BOP da Coruña do 24-11-1989 e no BOE do 16-11-1989.

As solicitudes de urxente ocupación fixéronse de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función destas peticións, coas relacións de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 12-5-1995, no BOP da Coruña do 22-5-1995

e no xornal La Voz de Galicia da Coruña do 24.5.1995; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran nas ditas relacións, agás ó propietario do predio nº: 16/1 do Expte. nº: 115/1994, que é descoñecido polo que se lle deu traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, e cumpriuse o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1994, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, durante o período no que se someteu a trámite de información pública, presentáronse as alegacións seguintes: no expediente 115/94 presentou escrito de alegacións o titular do predio nº 33, por exitir erro na súa titularidade, o cal xa foi enmendado pola empresa beneficiaria, e no expediente nº 26604 a titular do predio nº 7, solicita diversa información, a cal xa lle foi facilitada por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., non se entra no resto das alegacións formuladas por esta última, xa que corresponde a outra fase do procedemento.

Unha vez efectuada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo os trazados aprobados para as instalacións destas liñas, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 de Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con estas liñas preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa

servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-las instalacións proxectadas e propostas por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., das liñas eléctricas aéreas, a) desde a subestación de Vilar de Colo á liña As Chancas-Franza, e b) de Armuño a Lubre.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de Fene e Bergondo respectivamente, e son tódolos que figuran nas relacións presentadas pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que constan no expedientes, os cales se someteron a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio.

95-0045