Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 701

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4324 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Saénz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar C.T. de distribución. Centro de Exposición Recursos na estrada N-120, Monforte de Lemos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de centro de transformación tipo intemperie, sobre apoio de formigón cunha potencia de

160 kVA 20.000, 400/231, así como a liña de media tensión que alimentará o C.T. cunha lonxitude de acometida de 943 metros, con obxecto de subministrar enerxia á rede de distribución de baixa tensión, necesaria para atende-la demanda da zona; Centro de Exposición de Recursos da Xunta de Galicia na estrada N-120 en Monforte de Lemos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 23 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

0299