Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do PEMM Quintián (Beade).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o plan especial de mellora do medio do núcleo 02 18 C Quintián, da parroquia de Beade (2795/411), redactado polo arquitecto José Antonio Comesaña García por encargo e a inciativa do Concello de Vigo, recomendado o axuste do viario ás seccións prevista no Plan Xeral e no avance de planeamento; sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 30 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-8380