Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón José Antela Conde, Carracido e Cristo.

Aprobado incialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o estudio de detalle cuarteirón José Antela Conde, Carracido e Cristo (3366/411), de iniciativa municipal, redactado pola arquitecta Clara Gómez Somoza por encargo do Concello de Vigo; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, que vén refectido no plano I-1 do expediente, cos límites seguintes:

Norte: rúa José Antela e Cruz Branca.

Sur: rúa Doctor Carracido.

Leste: rúa do Cristo.

Oeste: rúa José Antela Conde.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa no Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 29 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-8379