Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle para fixación de aliñacións nas rúas Purificación Saavedra e Enrique Lorenzo.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o estudio de detalle para fixación de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes no cuarteirón limitado polas rúas Purificación Saavedra, Enrique Lorenzo e Pedro Alvarado (3654/411), de iniciativa municipal, redactado polo arquitecto José Magdalena Nogueira; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Sinálase como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: r/ Enrique Lorenzo.

Sur: parcela de José Riveiro Fernández, parcela caatastral nº 4977716, colexio Possumos e camiño.

Leste: r/ Pedro Alvarado.

Oeste: r/ Purificación Saavedra.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 30 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

457