Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización do patio e construcción de vestiarios do colexio público Juan Fernández Latorre.

Obxecto: urbanización do patio e construcción de vestiarios do colexio público Juan Fernández Latorre (Ref. 095/105).

Orzamento: 18.897.654 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 377.953 pesetas. Definitifa, 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso par a contratación das obras comprendidas n o proxecto de urbanización do patio e construcción de vestiarios do colexio público Juan Fernández Latorre en dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me compromete a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobre pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización do patio e construcción de vestiarios do colexio público Juan Fernández Latorre».

Prego de condicións: poderán ser examinados a retirada copia na Unidade de Obras e Concesión, 2ª planta do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 2 de xaneiro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

95-08267