Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público para a xestión do servicio de explotación do estacionamento para vehículos no subsolo da rúa Posse.

Obxecto: concesión administrativa para a xestión do estacionamento público para vehículos na rúa Posse.

Canon anual: ofertarano os licitadores en forma global ou por praza de estacionamento, equivalente como mínimo a 6.000 ptas/ano por praza.

Garantías: provisional, 1.500.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento de execución material das obras; por prestación do servicio: 3.000.000 de pesetas.

Clasificación: grupo b, subgrupo 2, categoría f.

Proposicións: presentaranse en dous sobres:

Número 1. Documentación xeral.

Número 2. Proposición económica e técnica. Modelo de proposición:

«D/Dna..., veciño/a de ..., con enderezo en ..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de ..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do prego de condicións do concurso para a concesión administrativa para a xestión do estacionamento para vehículos no subsolo da rúa Posse, que incluirá a construcción do aparcamento subterráneo, acéptao na súa integridade, xunta os documentos e proxecto básico esixido, nos que se detallan as súas características funcionais e comprométese a tomar ó seu cargo a concesión nas seguintes condicións:

1º.-O orzamento total das obras e instalacións é:

-Obra civil: ... pesetas.

-Instalacións: ... pesetas.

-Total: ... pesetas.

2º.-O prazo de execución das obras que se oferta é de ... meses.

3º.-O número de prazas do aparcamento é de:

-Cesión permanente: ... prazas.

-Alugueiro: ... prazas.

-Total: ... prazas.

4º.-O prezo pola cesión durante a vixencia da concesión para residentes é de ... pesetas.

5º.-O prezo de alugueiro horario é de ... ptas./hora ou fracción.

6º.-A duración da concesión é de ... anos.

7º.-O canon anual que lle hai que pagar ó Concello da Coruña é de ptas./praza, o que supón unha cantidade global de ... pesetas.

8º.-Vixilancia e seguiridade do aparcamento.

E en proba de conformidade, asina a presente proposta en ... o ... de ... de ...».

Presentación de proposicións: na forma prevista no prego de condicións, no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOE, en horas das nove ás trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta ... ó concurso público convocado polo Concello da Coruña para adxudica-la concesión administrativa da xestión do servicio de explotación do estacionamento para vehículos no subsolo da rúa Posse, que incluirá a construcción do aparcamento subterráneo».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 2 de xaneiro de 1996.

P.D.

O Alcalde

Rubricado

95-0437