Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización e mellora de accesos ó colexio de San Pedro de Visma.

Anunciase ó público a licitación do concurso con procedemento aberto para execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización e mellora de accesos ó colexio de San Pedro de Visma, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: urbanización e mellora de accesos ó colexio San Pedro de Visma. (Ref. 095/14).

Orzamento: 30.545.828 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 610.917 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 6, categoría c.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna..., veciño/a de ..., con enderezo en ..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de ..., con enderezo en ..., (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización e mellora de accesos ó colexio de San Pedro de Visma e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de ... pesetas (IVE incluído) en no prazo de ...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a

trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización e mellora de accesos ó colexio de San Pedro de Visma».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 22 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

0436