Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das obras de ampliación da biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación. (Expediente número 414/1995).

Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que a continuación se indica:

Obxecto: ampliación da biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación. (Expediente número 414/1995).

Orzamento de licitación: 27.730.718 ptas., IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación; definitiva, 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 75 días naturais de acordo coas condicións indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo II, categoría d).

Prego de condicións: tódolos interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo, ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, CP 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-plantta baixa, CP 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 ás 14 horas, de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixéximo sexto día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, 1, Vigo (Pontevedra) ás 11 horas do segundo día hábil seguinte á data de remate do prazo de presentación de propostas (en caso de cadrar en sábado, terá lugar o día hábil seguinte).

Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 19 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

0438