Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.G.P.A. IN407A 95/195-2, libro de rexistro 4450 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Igrexa.

Situación: O Valadouro.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 151 metros, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en postes de formigón ou torres metálicas. Centro de transformación de 160 kVA 20.000/380-220-127 V, tipo intemperie. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Igrexa, concello do Valadouro.

Orzamento: 3.137.613 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

475