Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta de bens e dereitos afectados da U.E. III do Peri zona vella.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de outubro de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados da U.E. III do Peri zona vella coa documentación elaborada polos servicios técnicos municipais no mes de xullo de 1995, así como declarar expresamente a necesidade de ocupación dos bens afectados que se indicarán a seguir, sendo a finalidade da expropiación a obtención de terreos des

tinados no planeamento a uso dotacional, cal é a construcción dun equipamento de viendas sociais con servicios comúns:

-Relación de bens e titulares:

* Inmoble nº 1:

Localización: subida ó Castelo, 14.

Propietario: Juan Brea Moreira.

Domicilio: Romil, 46.

Bens e dereitos afectados: totalidade do predio catastral F 2663206 NG 2726 S, edificación de tres plantas, de 115 m por planta.

Valor catastral para efectos do I.B.I. 1995: 4.856.511 ptas.

* Inmoble nº 2:

Localización: subida ó Castelo, 16, con fonda á rúa Ferrería, 41.

Propietario: Antonio Murio González e tres máis.

Domicilio: Toledo, 47, Ponteareas.

Bens e dereitos afectados: totalidade do predio catastral F 2663207 NG 2726 S, terreo de 550 m, con edificación para vivenda, tres cubertos e un curral e totalidade do predio catastral F 2663214 NG 2726 S, terreo e edificación de tres plantas, de 85 m por planta.

Valor catastral para efectos do I.B.I. 1995: 3.126.909 ptas. + 2.389.098 ptas.=5.515.196 ptas.

* Inmoble nº 3:

Localización: Ferrería, 39.

Propietario: María Celia Fernández Troncoso.

Domicilio: Ferreía, 39.

Bens e dereitos afectados: totalidade do predio catastral F 2663215 NG 2726 S, terreo de 180 m e edificación en dúas plantas, de 120 m por planta.

Valor catastral para efectos do I.B.I.: 1995: 2.994.348 ptas.

Por último, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no BOP, DOG e Faro de Vigo, e taboleiro do concello.

Vigo, 20 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-08266