Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 30 de novembro de 1995, o proxecto de modificación puntual do Plan parcial de Ribela, en cumprimento do disposto nos artigos 116 a) do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e 128 do Regulamento de planeamento, sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, durante o cal se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello.

Así mesmo, segundo o disposto no artigo 102.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e 120.2º do Regulamteno de planeamento, sinálanse como áreas afectadas pola suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións as comprendidas no ámbito territorial do Plan parcial de Ribela.

Sarria, 9 de xaneiro de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

96-0400