Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 30 de novembro de 1995, o proxecto de reparcelación da unidade de execución de Ribela, delimitada no Plan parcial de Ribela, en cumprimento do disposto no artigo 101.3º do Regulamento de xestión urbanística, en relación co 165.4º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, este sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir da

derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, durante o cal se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello.

Sarria, 9 de xaneiro de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

96-0399