Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 30 de novembro de 1995, o estudio de detalle para a colocación de volumes en Ribela, en cumprimento do disposto no artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, en relación co artigo 140 do Regulamento de planeamento, este sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, durante os cales se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello.

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 102.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e 120.2º do Regulamteno de planeamento, sinálanse como áreas afectadas pola suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións as comprendidas no ámbito territorial do estudio en detalle.

Sarria, 9 de xaneiro de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

96-0398