Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 30 de novembro de 1995, o proxecto de urbanización redactado para a execución das obras comprendidas no Plan parcial de Ribela, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Mario Iglesias Sánchez, de conformidade co disposto no artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e 141.2º do Regulamento de planeamento, este exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, durante os cales se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello.

Sarria, 9 de xaneiro de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde