Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado técnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data do 22 de setembro de 1995, o estudio informativo de nova estrada PO-400, variante de Salvaterra. Tramo: Salvaterra, clave: N-PO-89.15.1; sométese o citado estudio ó tramite de información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, coa finalidade de que aqueles que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante este servicio provincial de estradas as observacións que coiden convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; advertíndose que o citado estudio pode examinarse durante o dito prazo, en horas hábiles de oficina, neste servicio e no Concello de Salvaterra de Miño.

Ó mesmo tempo, sométese a información pública prevista no Decreto 327/1991, da Xunta de Galicia, relativo a avaliación dos efectos ambientais.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 1996.

José Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe

0211