Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 172-1/1995).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. y R.B.T. en Sueiro.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 572 metros de lonxitude, con orixe na liña Sigrás-Celas de Peiro (Expte. 50691) e remate no lugar de Sueiro. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA, en Sueiro, e Tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.039 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

198