Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (188/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 188/1995 por instancia de Francisco J. Marxuach García contra Natalie Brigite Hovillon e Myriam Delaitre, que ten unhas actuacións nas cales se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1995, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Ins

tancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 188/1995, sobre furto, no que foron partes, como denunciantes Francisco Javier Marxuach García e como denunciados Natalie Brigite Hovillon e Miriam Delaitre, que teñen unhas circunstancias persoais que constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Natalie Brigite Hovillon e Myriam Delaitre, da falta de que viña sendo inculpadas neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais cuasadas na primeira instancia.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en Primeira Instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Francisco J. Marxuacha García expido e asino en Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

96-0404