Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Sociedad Anónima de Bebidas Refrescantes

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Sociedad Anónima de Bebidas Refrescantes, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-11-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 6-10-1995. De conformidade co disposto no artigo

90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, once de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio de empresa

Compañía de Bebidas Pepsico, S.A.

Vigo, anos 1995/1996

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio seralle aplicable ó persoal do centro de traballo de Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito de aplicación do convenio os traballadores que presten servicios no centro de traballo citado e pertenzan a algunha das categorías profesionais que figuran na táboa salarial deste convenio que se inclúe no anexo I; poderán excluírse dela aqueles traballadores con grupos de tarifa que estean comprendidos entre o 1 e o 4, sempre que manifesten a súa conformidade ó respecto.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995, calquera que fose a data da súa sinatura polos compoñentes da comisión negociadora.

A súa vixencia será desde o día 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1996 e quedará prorrogado tacitamente por períodos anuais sucesivos, se cun mes de antelación, polo menos, ó seu vencemento inicial ou prorrogado, non fose denunciado por algunha das partes contratantes.

Rematado o prazo de vixencia, seguirán rexendo as mesmas condicións aquí convidas ata a entrada en vigor dun novo convenio.

Artigo 4º.-Prelación de normas.

As normas do presente convenio regularán as relacións entre a empresa e o seu persoal con carácter

preferente e excluínte de calquera outro convenio de ámbito local, provincial ou nacional que puidese celebrarse e afectase a esta empresa.

Con carácter supletorio e no non previsto, aplicaranse as disposicións legais vixentes en cada momento.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións retributivas ou de calquera outra natureza que se poidan establecer no futuro por calquera clase de convenio ou disposición legal só terán eficacia e aplicaranse cando, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, superen as condicións deste convenio, tamén valorado no seu conxunto e en cómputo anual. En caso contrario serán abosorbidas e compensadas por estas últimas, subsistindo o convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha dos seus conceptos, condicións e retribucións.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Xeneralidades.

A) A teor do disposto na normativa legal, a facultade e responsabilidade de organiza-lo traballo e de dirixir e controla-la actividade laboral correspóndelle exclusivamente á dirección da empresa.

B) Os delegados de persoal poderán emitir informes e propostas ante a dirección da empresa en uso das súas facultades de asesoramento, orientación e proposta que lles corresponde ós representantes sindicais.

C) No caso de cambios de sistemas, ora afecten a toda a empresa, ora a algún departamento ou sección dela, que non modifiquen as condicións substanciais dos traballadores, a empresa respectará sempre a normativa vixente que teña que ver con estes casos.

Artigo 7º.-Xornada e horario de traballo.

A) Para o persoal que traballa a tempo, establécese unha xornada de 1.784 horas efectivas de traballo en cómputo anual, co seguinte réxime de calendario e horario:

a) Persoal de administración: traballará durante todo o ano de 7 a 15 horas, de luns a venres.

b) Persoal de administración comercial: rexerase polo horario seguinte: 10 a 15 horas e 19 a 22 horas, durante os días da semana de luns a venres, ambos inclusive.

B) Persoal comercial: o persoal comercial ou de distribución rexerase polo seguinte calendario laboral: durante tódolos meses do ano (xaneiro a decembro, ambos inclusive), realizará o seu traballo de luns a venres, ambos inclusive.

O horario polo que se rexerá o persoal de administración comercial será de 8 a 12 horas e de 16 a 20 horas, durante os días da semana de luns a venres, ambos inclusive.

Para o persoal comercial ou de distribución que realiza o seu traballo a tarefa, a empresa fixará a cantidade de tarefa para cada empregado, aten

dendo as características do traballo que se teña que realizar en cada ruta ou sector e tendo en conta, entre outros extremos, o número de visitas que se vaian realizar. Se a tarefa asignada ó traballador fose considerada por este excesiva, poderá expresarlle a súa desconformidade ó seu xefe inmediato. De non estar de acordo coa resolución que lle dea aquel á controversia, poderá recorrer por si ou a través dos seus representantes sindicais á dirección da empresa, que dentro do prazo de 10 días, despois de coñece-la reclamación formulada e feitas as investigacións correspondentes, resolverá oídos os delegados de persoal.

Contra a decisión da empresa, o traballador afectado poderá recorrer perante o organismo laboral competente, sen prexuízo de continuar observando as instruccións recibidas, ata que se resolva definitivamente o que proceda.

A remuneración da tarefa estará composta de dúas partes: unha corresponderá coa remuneración establecida no presente convenio para a súa categoría profesional; a outra, baixo a denominación de comisións, servirá para retribuí-la forma en que se desenvolva a tarefa e os desfases de tempo en cómputo anual, que puidese resultar na realización normal da tarefa asignada.

Para os efectos de regularización da xornada e ademais dos correspondentes festivos de carácter nacional e local, consideraranse adicionalmente inhábiles os seguintes:

a) Ano 1995: 22 e 29 de decembro e 13 de outubro, coa condición e o acordo de adiantar en datas anteriores os traballos correspondentes.

b) Ano 1996: 24 e 31 de decembro e 31 de outubro coa mesma condición có establecido para o ano 1995.

Artigo 8º.-Traballos de categoría superior.

1. O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional que tivese recoñecida, por un período superior a 6 meses durante 1 ano ou 8 meses durante 2 anos, pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

2. Contra a negativa da empresa e logo de informe do comité ou, se é o caso, dos delegados de persoal, pode reclamar ante a xurisdicción competente.

3. Cando desempeñe funcións de categoría superior pero no proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 9º.-Traballos de categoría inferior.

Se por necesidade perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, o empresario precisase destinar un traballador a tarefas correspondentes á categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional e comunicóndollelo ós representantes legais dos traballadores.

Capítulo III

Clasificación de persoal

Artigo 10º.-Categorías profesionais.

A empresa comporase dos seguintes departamentos e categorías profesionais:

A) Persoal técnico: titulados (de grao superior ou medio). Encargado xeral ou xefe de departamento, encargado de sección e encargado de grupo.

B) Persoal administrativo: oficial de 1ª, oficial de 2ª, auxiliar e aspirante.

C) Persoal comercial ou de distribución: oficial de 1ª, oficial de 2ª, candidato, axudante e peón.

D) Persoal de fabricación e servicios: xefe de equipo, oficial de 1ª, oficial de 2ª, axudante e peón.

E) Persoal subalterno: ordenanza, porteiros, vixilantes, persoal de limpeza e similares.

As categorías profesionais consignadas e enumeradas, así como os departamentos especificados no presente convenio, son simplemente enunciativos e non supoñen a obriga de te-la existencia total dos departamentos mencionados e cubrir tódalas prazas que neles se indican, se a necesidade e o volume da empresa non o require.

En canto ás súas funcións e cometidos, seguirase o disposto no artigo 6 da ordenanza laboral para as industrias de bebidas refrescantes.

Artigo 11º.-Concurso-oposición.

Nos casos en que para a provisión de vacantes ou novos postos sexa necesario o concurso oposición, este desenvolverase conforme a normativa establecida no artigo 9 da ordenanza.

Artigo 12º.-Revisión de cadro de persoal.

A empresa comprométese a estudiar cada ano as posibles propostas que con respecto á clasificación do persoal poden realiza-los traballadores en por si ou a través dos seus respectivos representantes sindicais.

Capítulo IV

Ingresos, período de proba e cesamentos

Artigo 13º.-Ingresos.

Establécese con carácter xeral que a idade mínima para ingresar na empresa é a de 18 anos, sen prexuízo da posibilidade excepcional de contratación de maiores de 16 anos, coas limitacións legais establecidas para estes casos.

A contratación de traballadores realizarase con cumprimento das normas legais establecidas en materia de emprego e constará por escrito coa entrega da correspondente copia ó traballador.

Terán preferencia os traballadores que como eventuais, interinos, para obra ou servicio determinado e temporeiro ou de campaña, lle prestasen os seus servicios á empresa dentro dos 12 meses inmediatamente anteriores, non causasen baixa voluntaria nel, a non ser que tal baixa voluntaria se producise na data anunciada polo interesado a subscribi-lo seu contrato e a dita data fose aceptada pola empresa, ni fosen causa de despedimento procedente.

A preferencia entenderase por rigorosa orde de antigüidade entre os de igual categoría e posto de traballo, respectándose durante o prazo de 3 días naturais a partir do seguinte en que formulase a petición na oficina de emprego.

Así mesmo, establécese, en caso de igualdade entre os solicitantes, un criterio de preferencia a favor dos fillos dos traballadores fixos da empresa, xa se encontren en activo, xubilados ou que falecesen, sempre que cumpran tódolos requisitos legais e se atopen debidamente inscritos na oficina de colocación.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso de persoal entenderase como provisional ata rematado o período de proba, que será de:

-14 días laborables para os traballadores non cualificados.

-5 meses para técnicos titulados.

-2 meses para os demais traballadores.

A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte o traballador durante o período de proba interrompe o seu cómputo.

Transcorrido o período de proba sen que se producise desistimento por calquera das partes, o traballador pasa a ser fixo, eventual, interino de temporada ou de calquera outra modalidade establecida e autorizada pola lei.

Os períodos de proba anteriormente sinalados aplicaranse tamén para os casos de ascensos.

Artigo 15º.-Cesamentos.

No caso de que un traballador queira cesar no seu posto de traballo, terá que notificarllo por escrito á empresa cunha antelación de 14 días, con desconto, en caso contrario, dos días que baixasen dos indicados.

Capítulo V

Horas extraordinarias, vacacións e licencias

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

Para o persoal que traballe a tempo, terá a consideración de horas extraordinarias cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo e aboaranse conforme a táboa de horas extras, segundo anexo III.

Non se terá en conta para o cómputo o número máximo de horas extras autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios.

A iniciativa no traballo en horas extraordinarias correspóndelle á empresa e a libre aceptación ou denegación, ó traballador.

Durante a vixencia do presente convenio, os traballadores que realizasen horas extraordinarias serán dentro dos límites legais.

Artigo 17º.-Vacacións.

Durante a vixencia do presente convenio, fíxase un período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais en 1995 e 31 días naturais en 1996, ou parte proporcional que corresponda, en caso de

non levar traballando na empresa o ano necesario para o desfrute pleno do seu dereito.

O período de vacacións, tendo en conta o carácter estacional do noso sector, non poderá ser desfrutado dentro dos meses de campaña. Non obstante, de acordo a empresa e os seus traballadores, estes desfrutarán as súas vacacións utilizando os 12 meses do ano. Establécese que para o seu cumprimento se dividan as vacacións en dúas épocas, de forma que se desfruten 14 días en tempada estival e 17 días no resto do ano. Este desfrute faríao unha persoa de cada sección e en sentido rotativo para cada un dos anos. No ano 1996 establécese o desfrute adicional dun día de libre disposición.

Durante o período de vacacións a retribución que van percibi-los traballadores pertencentes á sección comercial estará constituída polo soldo, plus extrasalarial, antigüidade e o 100% das comisións por vendas que perciba durante este período a persoa que os substitúe na súa ruta ou traballo habitual.

Artigo 18º.-Licencias e permisos retribuídos.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicita-la licencia:

A) Con percibo de soldo de convenio e plus extrasalarial, logo de llo comunicar á empresa, coa antelación abonda, en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador: 17 días naturais.

b) Por falecemento do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos, irmáns e irmáns políticos: 4 días naturais.

Por avós, avós políticos e netos: 2 días naturais.

c) Por falecemento de tíos e tíos políticos: 1 día natural.

d) Por voda de irmáns, irmáns políticos, pais e fillos: 1 día natural.

e) Por parto de esposa: 4 días naturais.

f) Por cambio de domicilio habitual: 2 días naturais.

g) Por enfermidade grave, intervención cirúrxica ou hospitalización do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos, fillos políticos, irmáns, irmáns políticos: 4 días naturais.

En caso de avós e netos: 2 días naturais.

h) Por parto de fillas, fillas políticas: 1 día natural.

Con carácter supletorio e no non previsto aplicarase o disposto nos artigos 37 e 48 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais que sobre esta materia estean vixentes en cada momento.

Se os feitos a que se refiren os apartados b), c) e g) ocorresen noutra provincia e concorresen circunstancias excepecionais, a empresa poderá amplia-las citadas licencias segundo casos, ata 7 días naturais.

As licencias anteriormente sinaladas establécense especificamente para as circunstancias que se expresa e deberán ser desfrutadas no momento en que se producen as ditas circunstancias, sen que en ningún caso poidan ser alegadas noutra ocasión con cargo a elas.

Artigo 19º.-Execedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron 4 anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contados desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a esta situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

6. A situación de excedencia poderá entenderse a outros supostos colectivamente acordado, co réxime e os efectos que alí se provexan.

Artigo 20º.-Traslados.

O traslado dun traballador desde o seu centro de traballo na empresa a outro distinto poderá realizarse por solicitude do interesado, por necesidades do servicio ou por mutuo acordo entre traballador e a empresa.

Cando o traslado, logo de aceptación por parte da empresa, se efectúe por solicitude do interesado, aquela poderá modifica-la categoría e retribución se fose a nivel inferior no novo posto. O traslado deste caso non dará dereito a indemnización ningunha por gastos que o cambio de residencia orixine.

En canto ós traslados por mutuo acordo e os forzosos, ámbalas partes deberán aterse ó que ordene a normativa vixente ó respecto.

Capítulo VI

Disposicións sindicais

Artigo 21º.-Afiliación sindical.

A empresa respectará o dereito ó traballador para a súa libre afiliación sindical e non establecerá discriminación pola súa militancia sindical nin pola expresión da súa ideoloxía política ou sindical.

Artigo 22º.-Dereitos e garantías sindicais.

Os delegados de persoal ostentarán a representación dos traballadores da empresa.

Os delegados de persoal desfrutarán dun máximo de 18 horas mensuais para o exercicio dos seus cargos. Estas horas mensuais que lles correspondan ós representantes sindicais poderán superarse nos meses en que sexa preciso, tomándoas das non utilizadas no mes anterior ou anticipándoas a conta do mes próximo.

Esta acumulación non poderá facerse conxuntamente por máis dun tercio dos membros do comité e en ningún caso nos meses de xuño, xullo e agosto.

As ausencias ó traballo por motivos sindicais con cargo ó crédito de horas polos ditos motivos deberán serlle comunicadas á empresa coa suficiente antelación, con presentación posterior de xustificante da ocupación sindical das horas desfrutadas.

En canto a garantías sindicais, ámbalas partes rexeranse nesta materia polo que en cada momento determinen as normas e disposicións legais.

Establécense cinco horas anuais para a celebración de asembleas para tratar asuntos que afecten os intereses laborais dos traballadores.

Artigo 23º.-Funcións dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal no ámbito da súa competencia terán as seguintes funcións:

a) Recadar información nos casos de desconformidade do traballador coa liquidación que se lle practique no suposto de cesamento.

b) Solicitar información sobre as liquidacións da Seguridade Social presentadas pola empresa.

c) Dispoñer dun lugar para reunións e un taboleiro de anuncios.

d) Normas establecidas polo Estatuto dos traballadores segundo o artigo 64.

Capítulo VII

Réxime económico

Artigo 24º.-Salarios.

Ano 1995:

Os salarios que rexerán durante o presente ano son os que figuran no anexo I deste convenio.

Ano 1996:

Persoal que percibe comisións: os salarios para o ano 1996 serán os que resulten de lles aplicar ós valores de 1995 un incremento de 0,5 puntos sobre o Índice Nacional de Prezos de Consumo rexistrado en 1995, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

A distribución farase da seguinte forma: o 50% do díxito resultante (IPC'95 + 0,5) será a porcentaxe que se vai incrementar automaticamente nos conceptos fixos, e o resto ata acada-la porcentaxe de aumento total convido pasará a incrementa-las correspondentes táboas de comisións.

Persoal sen comisións: incremento igual de 0,5 puntos sobre o IPC de 1995.

A distribución farase incrementando tódolos conceptos no díxito resultante, agás a antigüidade, que se incrementará nun 2,5% máximo, aplicándose a diferencia, se existise, ó concepto soldo.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Persoal incorporado antes de 1-1-1995: os traballadores desfrutarán de aumentos periódicos nos seus haberes na contía e forma seguintes:

-Ós 2 anos de servicio na empresa: 5%.

-Ós 4 anos de servicio na empresa: 10%.

-Ós 7 anos de servicio na empresa: 16%.

-Ós 10 anos de servicio na empresa: 22%.

-Ós 13 anos de servicio na empresa: 28%.

-Ós 16 anos de servicio na empresa: 34%.

-Ós 19 anos de servicio na empresa: 40%.

-Ós 22 anos de servicio na empresa: 46%.

-Ós 25 anos de servicio na empresa: 52%.

Persoal incorporado a partir do 1-1-1995: terán dereito a aumentos periódicos nos seus haberes consistentes en cinco quinquenios do 6% cada un.

A base para o cálculo das súas percepcións para este concepto estará consituída polas cantidades que figuran no anexo I e detalladas como base antigüidade.

Para o cómputo da antigüidade terase en conta todo o tempo de servicio na empresa, considerándose como efectivamente traballados días ou meses en que se percibise un salario ou remuneración, ben por servicios prestados ou en vacacións e licencias retribuídas e os períodos de baixa por enfermidade ou accidente de traballo. Así mesmo, serán computables o tempo de excedencia forzosa por nomeamento para cargo político ou sindical e a prestación do servicio militar obrigatorio ou realizado de forma voluntaria.

Computarase a antigüidade, en razón ós anos e servicios prestados á empresa, calculándose, xa que logo, o tempo prestado durante o período de proba e como temporeiro, eventual interino ou contratado para obras ou servicios determinados cando un productor así contratado pasase a ocupar unha praza como fixo.

Os aumentos periódicos comezarán a devengarse a partir do día 1 do mes en que se cumpra cada un dos períodos computables.

Artigo 26º.-Plus extrasalarial.

Aboaráselle a todo o persoal na contía mensual que figura no anexo I deste convenio, pagadoiro en 15,5 mensualidades que corresponden a 12 pagas do ano, así como gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal, beneficios e 15 días de paga de vacacións establecidas no artigo seguinte.

O plus extrasalarial percibirase por mes efectivamente traballado, considerándose para estes efectos como tales o mes de vacacións regulamentarias e as licencias retribuídas no artigo 18º deste convenio.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse as seguintes:

-Paga de xullo.

-Paga de Nadal.

-Paga de beneficios (aboable no mes de xaneiro do ano seguinte).

A contía de cada unha delas será o equivalente a unha mensualidade do soldo do convenio, máis antigüidade e plus extrasalarial, se ben por acordo cos traballadores se percibirán rateadas nos doce meses do ano.

Artigo 28º.-Paga de vacacións.

Tódolos traballadores percibirán unha bolsa de vacacións equivalente a 15 días de soldo de convenio máis antigüidade e a parte proporcional do plus extrasalarial.

Igual cás gratificacións extraordinarias, percibirase rateada en 12 meses.

Artigo 29º.-Nocturnidade.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas percibirá un suplemento de traballo nocturno, equivalente ó 30% do seu salario ordinario, distinguíndose os seguintes puntos:

1. Quen traballe dentro dos indicados límites de tempo que non exceda de 4 horas percibirá a bonificación soamente sobre as horas traballadas.

2. Se as horas traballadas neste período exceden de 4 horas, a bonificación que se establece percibirase polo total da xornada traballada.

Deste suplemento exceptúanse aqueles traballos que pola súa natureza teñen que se realizar de noite.

Artigo 30º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias realizadas polo persoal aboaranse ós importes establecidos no anexo III deste convenio.

Artigo 31º.-Comisións persoal comercial.

O importe das comisións sobre caixas brutas correspondentes ó persoal comercial é o resultante da aplicación das escalas e prezos por caixa que figuran como anexo II a este convenio.

Artigo 32º.-Enfermidade e accidente. Indemnización económica complementaria.

No caso de baixa dun traballador, por causa de ILT (incapacidade laboral transitoria) por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboaralle as cantidades necesarias ata completar o 100% das súas percepcións fixas que rixan para a súa categoría profesional, se esta fose a primeira baixa do ano. Se se producise a segunda baixa do ano, na mesma persoa aboarase ata completa-lo 90% das súas percepcións fixas que rexan para a súa categoría profesional durante os dez primeiros días de cada proceso e ata o 100% das súas percepcións fixas a partir do décimo primeiro da baixa, resarcíndose a empresa das devolucións que efectúe o organismo da Seguridade Social correspondente, esixindo os documentos necesarios que acrediten a iniciación da súa situación, os partes de confirmación e o posterior recobramento.

Exceptúanse do réxime anterior os casos de intervención cirúrxica, hospitalización ou enfermidade crónica dictaminada por facultativo na que a empresa aboará ata o 100% das súas percepcións fixas desde o primeiro día, igual ca nos períodos de ILT por accidente laboral.

Artigo 33º.-Axudas de custo.

Os traballadores que mediante orde expresa da empresa e para realizaren traballos por conta dela se vexan obrigados a trasladarse accidentalmente a localidade distinta á da súa residencia, con desprazamentos a lugares distintos dos do seu centro de traballo, que imposibiliten o seu regreso normal, obrigándose a efectuar comida fóra do seu domicilio ou ter necesidade de tomar aloxamento, terá dereito ás seguintes percepcións:

-Almorzo: 510.

-Comida: 1.900.

-Cea: 1.900.

-Aloxamento: 2.000.

Non se consideran traslados accidentais os desprazamentos do persoal de distribución ou comercial que realizan para o cumprimento das súas funcións sempre que non sexa preciso pernoctar fóra dos seus domicilio.

Artigo 34º.-Axuda de comida.

Establécese para o persoal de distribución ou comercial que no transcurso do seu traballo deba efectua-la súa comida en ruta, consistente en 1.150 pts./día de traballo.

Artigo 35º.-Seguro voluntario da empresa.

A empresa comprométese a satisfacerlle á correspondente compañía de seguros as primas necesarias e previstas na póliza subscrita con ela, para que esta se obrigue a satisfacerlles ós traballadores ou beneficiarios, se é o caso, os seguintes capitais:

Concepto

Persoal solteiro,

divorciado sen

fillos

e viúvo sen fillos

Persoal casado sen

fillos ou viúvo con

fillos, divorciados e

solteiros con fillos

Persoal casado

con fillos

Falecemento, incapacidade profesional total e permanentemente e incapacidade absoluta permanente

500.000

1.000.000

1.500.000

Falecemento por accidente1.000.0002.000.0003.000.000
Falecemento por accidente de circulación

1.500.000

3.000.000

4.500.000

Artigo 36º.-Beneficios sociais.

A empresa concederalles ós seus traballadores as asignacións seguintes, logo da oportuna xustificación:

-Por matrimonio: 9.365 ptas.

-Por cada fillo que naza: 5.307 ptas.

-Por fillo subnormal, diminuído físico, ademais das prestacións á Seguridade Social: 6.500 ptas./mes

Artigo 37º.-Axuda de calzado.

O persoal comercial e de distribución terá dereito, en concepto de axuda de calzado, a unha asignación

de 3.300 ptas. semestrais, condicionado a que se use calzado de cor escura.

Artigo 38º.-Caixa de producto.

Durante a vixencia deste convenio, os traballadores en cadro de persoal terán un descanso do 40% en tódalas caixas de producto que adquiran nos seus respectivos centros de traballo.

Artigo 39º.-Prima de asistencia.

Os traballadores procedentes da antiga fábrica que viñesen percibindo prima de asistencia, aboada por día efectivamente traballado, seguirán a ter dereito á súa percepción en concepto de retribución «ad personam» e de forma individualizada.

O seu importe para o ano 1995 establécese en 9.360 ptas./mes.

Artigo 40º.-Prima incentivo.

O persoal con categoría de auxiliar administrativo percibirá unha prima de 5.200 ptas. mensuais durante a vixencia do presente convenio, por día efectivamente traballado ou a parte proporcional ós días traballados no mes.

Capítulo VIII

Disposicións varias

Artigo 41º.-Carné de conducir e multas.

En caso de suspensión do carné de conducir do traballador, a empresa procurará facilitarlle ó traballador afectado outro posto de traballo, percibindo neste as retribucións propias del.

As multas imputables a culpa do traballador serán aboadas por este. En caso contrario pagaraas a empresa, que se fará tamén responsable das orixinadas por exceso de carga dos vehículos e polo número excesivo de viaxeiros que teñan a condición de seren persoal de servicio da empresa.

Artigo 42º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle anualmente ó persoal de vendas unha chaqueta, dúas camisas, dous pantalóns e un anorak cada dous anos, que se entregarán no mes de maio.

Quedará á discreción dos encargados das seccións prover dalgunha peza suplementaria de traballo, á parte das sinaladas, segundo as circunstancias que puidesen presentarse e en caso de necesidade xustificada.

Artigo 43º.-Medidas disciplinarias.

No caso de imposición de sancións por parte da empresa, estas seranlle comunicadas por escrito ó traballador, dando conta posterior e simultaneamente en caso de sancións por faltas graves e moi graves ó comité de empresa.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente conforme o establecido no Estatuto dos traballadores.

Cando o traballador sexa requirido pola dirección da empresa para tratar temas relacionados co réxime

dir acompañado dun dos seus respectivos representantes sindicais.

Artigo 44º.-Comisión paritaria.

Para efectos de seguimento, cumprimento ou interpretación das cláusulas deste convenio, contitúese unha comisión paritaria, a intervención da cal terá carácter previo a calquera reclamación ou recurso que puidese formularse de forma oficial en calquera instancia, composta por dous representantes de entre os delegados de persoal e por dous designados pola empresa.

Artigo 45º.-Quebrantamento de moeda.

O persoal comercial distribuidor a cargo de ruta que en cumprimento da súa función manexe diñeiro efectivo, polo concepto de quebrantamento de moeda, recibirá a cantidade de 1.303 ptas. por mes e ruta; o seu aboamento farase por meses e días de traballo efectivo.

Artigo 46º.-Capacidade diminuída.

A empresa procurará asignar a aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade sufran a diminución das súas facultades físicas ou intelectuais e non tivesen recoñenida incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta e gran invalidez, un posto de traballo máis apto ás súas condicións, sempre que medie en tal sentido informe favorable do facultativo.

En tal caso, pasarán a ocupa-lo dito novo posto coa categoría e retribucións propias del.

Se non fose posible asignarlle ese posto, terán preferencia para ocupalo sobre calquera outro alleo á empresa cando haxa que cubrir unha vacante.

Artigo 47º.-Liquidacións e control sindical.

A empresa comprométese a aceptar plenamente todo o que a lei determine no referente a ámbolos temas.

E para que así conste e en proba de conformidade con todo o anteriormente establecido, asinan o presente convenio de empresa e os anexos I, II, e III que citan dentro do articulado del, no lugar e data do encabezamento.

ANEXO I

SALARIOS

(Vixencia desde o 1-1-1995 ó 31-12-1995)

Soldo

convenio

Plus

extrasalarial

Base

antigüidade

Administración
Oficial 1ª163.71019.378141.061
Oficial 2ª148.72119.837128.153
Auxiliar Administración128.43813.883110.468
Comercial
Xefe de depósito202.33726.458174.358
Xefe de grupo188.64028.817162.554
Vendedor e distribuidor118.52218.103104.125
Candidato112.03019.690 98.417
Axudante vendedor e peón101.53712.986 89.201
Oficial 1ª136.44517.959117.355
Oficial 1ª servicio técnico158.15819.315136.286

ANEXO II

TÁBOA DE COMISIÓNS

Ruta 1

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.0000Non cobra comisión
B3.001-4.00012,00Cobro desde a primeira caixa
C4.001-5.00014,00Cobro desde a primeira caixa
D5.001-6.00016,00Cobro desde a primeira caixa
E6.001-+18,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 2

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.5000Non cobra comisión
B3.501-5.00012,25Cobro desde a primeira caixa
C5.001-7.00014,25Cobro desde a primeira caixa
D7.001-8.50016,25Cobro desde a primeira caixa
E8.501-+18,25Cobro desde a primeira caixa

Ruta 3

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.0000Non cobra comisión
B3.001-4.50013,00Cobro desde a primeira caixa
C4.501-6.00014,50Cobro desde a primeira caixa
D6.001-7.50016,50Cobro desde a primeira caixa
E7.501-+18,50Cobro desde a primeira caixa

Ruta 4

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.5000Non cobra comisión
B3.501-4.50012,50Cobro desde a primeira caixa
C4.501-6.00014,00Cobro desde a primeira caixa
D6.001-7.50016,00Cobro desde a primeira caixa
E7.501-+18,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 5

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A2.0000Non cobra comisión
B2.001-3.00013,00Cobro desde a primeira caixa
C3.001-4.00015,00Cobro desde a primeira caixa
D4.001-6.00017,00Cobro desde a primeira caixa

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

E6.001-+19,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 6

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.5000Non cobra comisión
B3.501-5.00012,00Cobro desde a primeira caixa
C5.001-7.00014,00Cobro desde a primeira caixa
D7.001-8.50016,00Cobro desde a primeira caixa
E8.501-+18,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 7

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A3.0000Non cobra comisión
B3.001-4.50012,00Cobro desde a primeira caixa
C4.501-6.00013,50Cobro desde a primeira caixa
D6.001-7.50015,50Cobro desde a primeira caixa
E7.501-+17,50Cobro desde a primeira caixa

Ruta 16

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A2.5000Non cobra comisión
B2.501-4.00012,00Cobro desde a primeira caixa
C4.001-5.50013,50Cobro desde a primeira caixa
D5.501-7.00015,00Cobro desde a primeira caixa
E7.001-+17,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 17

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A1.5000Non cobra comisión
B1.501-3.50012,00Cobro desde a primeira caixa
C3.501-5.00013,75Cobro desde a primeira caixa
D5.001-6.50015,75Cobro desde a primeira caixa
E6.501-+17,75Cobro desde a primeira caixa

Ruta 18

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A1.5000Non cobra comisión
B1.501-3.50012,25Cobro desde a primeira caixa
C3.501-5.00014,25Cobro desde a primeira caixa
D5.001-6.50016,25Cobro desde a primeira caixa
E6.501-+18,25Cobro desde a primeira caixa

Ruta 19

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A2.5000Non cobra comisión
B2.501-4.00012,00Cobro desde a primeira caixa
C4.001-5.50014,00Cobro desde a primeira caixa
D5.501-7.00016,00Cobro desde a primeira caixa
E7.001-+18,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 20

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A4.0000Non cobra comisión
B4.001-6.00011,50Cobro desde a primeira caixa
C6.001-7.50013,00Cobro desde a primeira caixa
D7.501-9.00015,00Cobro desde a primeira caixa
E9.001-+17,00Cobro desde a primeira caixa

Ruta 21

TramoNº de caixas mesPesetasFuncionamento

A1.7000Non cobra comisión
B1.701-2.50013,00Cobro desde a primeira caixa
C2.501-4.00015,50Cobro desde a primeira caixa
D4.001-5.00017,50Cobro desde a primeira caixa
E5.001-+19,50Cobro desde a primeira caixa

ANEXO III

CADRO VALOR HORAS EXTRAORDINARIAS

% AntigüidadeImporte/Hora

-2.368
52.450
102.533
162.634
Oficial 1ª Admón.222.735
282.836
342.936
403.034
463.134
523.233
-2.199
52.274
102.352
162.443
Oficial 2ª Admón.222.532
282.623
342.714
402.804
462.895
522.986
-1.884
51.950
102.016
162.094
Auxiliar Admón.222.172
282.253
342.329
402.409
462.485
522.565

9508431