Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

1.-Entidade adxudicataria: Concello da Coruña.

Enderezo: praza de Mª Pita, nº 1, 15001, A Coruña, España.

Tfno. 18 42 19. Fax: 18 42 71.

2.-Modalidade de adxudicación: concurso aberto.

3.-Obxecto do contrato: redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal da Coruña.

Tipo de licitación-orzamento: 129.310.345 pesetas (sen IVE); 150.000.000 de pesetas (IVE incluído).

4.-Prazo de execución: prazo máximo: un ano, conforme ó programa e prazos ofertados polo adxudicatario. Ver cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

5.-Solicitude de documentación: véxase o punto 1 da Unidade de Obras e Concesións , ata ás 13 horas do día 26 de febreiro de 1996.

6.-Data límite de recepción de proposicións: 13 horas do día 26 de febreiro de 1996.

Enderezo: véxase o punto 1. Rexistro xeral de entrada.

Idioma: español.

7.-Persoas admitidas para a apertura de plicas: acto público.

Data, hora, lugar: 27 de febreiro de 1996, 12 horas. Véxase o punto 1.

8.-Fianzas e garantías: fianza provisional: 3.000.000 de pesetas; fianza definitiva: 4% do orzamento.

9.-Modalidades de financiación e pagamento: orzamentos municipais de 1996 e 1997, nos seguintes prazos:

1. Trala sinatura do contrato: o 15%.

2. Trala presentación da Información Urbanística e o Avance: o 10%.

3. Trala presentación do documento que ha de ser obxecto de aprobación inicial: o 15%.

4. Trala presentación do informe sobre as alegacións: o 10%.

5. Trala presentación do documento que ha de ser obxecto de aprobación definitiva: o 30%.

6. Trala entrega do documento definitivo refundido: o 20% restante.

10.-Condicións mínimas: clasificación empresarial: grupo II, subgrupo 5, categoría c.

11.-Prazo de validez da proposición: 3 meses.

12.-Criterios de adxudicación:

a) Composición do equipo redactor e funcións de cada un dos seus membros: ata 30 puntos.

Neste apartado valorarase especificamente a capacitación profesional dos membros compoñentes do equipo redactor proposto, que se acreditará co currículum de cada un deles, así como a estructura organizativa e técnica do licitador.

b) Intervención na elaboración de traballos de adaptación de plans de ordenación á Lei 8/1990 e texto refundido da Lei do solo de 1992: ata 25 puntos.

Neste apartado valorarase a intervención no tipo de traballos que se referenciou, sempre que estean

referidos a municipios nos que se aplique integramente a lexislación citada e nos que se establecesen áreas de reparto e aproveitamento-tipo en solo urbano.

c) Experiencia profesional: ata 20 puntos.

Neste apartado valorarase a experiencia acreditada na elaboración de traballos de planeamento e participación noutros de natureza urbanística.

d) Prazos de execución dos traballos: ata 10 puntos.

e) Prezo: ata 5 puntos.

13.-Información adicional: a proposición económica será formulada conforme ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares, e presentada no rexistro xeral de entrada en sobre pechado, (véxase punto 1), de 9 a 13 horas.

14.-Data de envío do anuncio: 19 de decembro de 1995.

A Coruña, 19 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

319