Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: concurso con procedemento aberto do servicio de limpeza e mantemento das fontes ornamentais, estanques e caídas de auga do termo municipal da Coruña. (Ref. AS95/38).

Orzamento: o orzamento máximo do contrato é de 29.158.190 pesetas anuais (IVE incluído).

Garantías: provisional: 583.164 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño de..., con enderezo en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a contratación do servicio de limpeza e mantemento das fontes ornamentais, estanques e caídas de auga do termo municipal da Coruña, e dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición económica nos termos que especifico nos documentos que acompaño e obrígome ó seu estruicto cumprimento no caso de resultar adxudicatario.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Consecións, 2º andar do Pazo Municipal. Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 22 de decembro de 1995.

P.D.

Asinado

174