Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de construcción de praza sen nome na Cubela.

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de construcción de praza sen nome na Cubela. (Ref. 095/107).

Orzamento: 10.273.499 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 205.470 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño de..., con enderezo en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción de praza sen nome na Cubela e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído).

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamnento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción de praza sen nome na Cubela».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal. Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

0322