Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación inicial da rúa Posse.

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación inicial da rúa Posse. (Ref. 095/108).

Orzamento: 5.769.418 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 115.388 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño de..., con enderezo en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación inicial da rúa Posse e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído).

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamnento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presente... para ó concurso para optar á poxa contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación inicial da rúa Posse».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Unidade de Obras e Concesións, 2ª pranta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 21 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

321