Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso para a subministración de papel branco con destino ó departamento de Reprografía.

Obxecto: subministración de papel branco con destino ó departamento de Reprografía. (Ref. S95/188).

Tipo de licitación: 21.500.000 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional: 430.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño de..., con enderezo en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para subministración de papel branco con destino ó departamento de Reprografía, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións

e Compras, 2ª pranta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 20 de decembro de 1995.

P.D.

Asinado

320