Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/154-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Santa Mariña-Robles (2ª fase).

Situación: Narón e Valdoviño.

Características técnicas: modificado ó proxecto denominado Sta. Mariña-Robles, consistente en instalar:

-Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 4.659 m de lonxitude, con orixe

no apoio nº 9 e final no nº 49 da liña existente.

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 52 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 42 da liña anterior e final en C.T. Copagro.

-Centro de transformación aéreo, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Neiras-Canto do Muro, con saída de rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 110 m de lonxitude. Narón e Valdoviño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600209