Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/190-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. tipo edificio, Avda. Grabanxa, Sigüeiro.

Situación: Oroso.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, 3 (1x150) mm Al, de 300 m de lonxitude, con orixe no C.T. Xuncal e final no C.T. Avda. Grabanxa, C.T. Piñeiro de Sigüeiro. Centro de transformación, tipo interior de 400 kVA e tensións de 20/380-220 kV en Avda. Grabanxa (Oroso).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600210