Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/183-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-Estr. e R.B.T. Pajuela (Corexo-Norte).

Situación: Santiago.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 86 m de lonxitude, con orixe na liña derivada a C.T. Corexo (expediente 51430) e final no C.T. que se vai instalar en Corexo-Norte. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Corexo-Norte, unha rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 75 m de lonxitude. Santiago.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600204