Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/158-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. o C.T. de Zara, polígono de Sabón.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterráneo-aérea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto:

-Subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 214 m de lonxitude dentro da subestación de Sabón.

-Aérea sobre apoios metálicos e con conductor LA-110 de 1.139 m de lonxitude que entronca no tramo subterráneo anterior e termina no apoio na liña de Zara, no polígono industrial e Sabón-Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600208