Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/157-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T. Agra do Río, C.T. River Miño e C.T. Pombal.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20, de 3 (1x240) mm Al, de 713 m de lonxitude, con orixe no C.T. Agra do Río (expediente 52179) e final nos CC.TT. Pombal, River Miño reforma dos centros de transformación Pombal e River Miño, instalando no primeiro 2 celas de protección de liña e unha de protección en SF6 e un seccionador tripolar con coitelas de P.A.T. no segundo. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600207