Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/156-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T.C.-R.B.T. Campo da Feira.

Situación: Padrón.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20, de 3 (1x150) mm Al, con orixe na liña Padrón-Boiro (expediente 7268) e final no C.T. que se vai instalar no Campo da Feira. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 no Campo da Feira, con saída de rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 549 m de lonxitude. Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9600206