Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para o desenvolvemento do sistema de xestión do canon de saneamento.

Adxudicatario: Asesoría Técnica y Control S.A.

Orzamento: 17.150.210 ptas.

-Mellora do saneamento e abastecemento en Bañobre (Miño-A Coruña).

Adxudicatario: Antonio González Espina S.A.

Orzamento: 15.978.430 ptas.

-Depósito de regulación 15.000 metros cúbicos en Lugo.

Adxudicatario: Dragados y Construcciones S.A.

Orzamento: 120.554.646 ptas.

-Saneamento nas Figueiras (Amoeiro-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones y Obras Caride S.L.

Orzamento: 18.760.000 ptas.

-Mellora do abastecemento e saneamento de Láncara (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Bejón S.A.

Orzamento: 52.236.312 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

0327