Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan (estación de autobuses de Cedeira e outro).

O xecretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos Reais decretos 212/79 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes,

RESOLVEU:

Adxudica-los seguintes contratos:

Concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de tercer nivel en Cedeira (A Coruña).

Adxudicatario : Josybem S.L.

Orzamento : 34.299.560 ptas.

Prazo de execución : dous meses.

Concurso de asistencia técnica de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de concellos limítrofes co concello de Ourense.

Adxudicatario : Taryet S.L.

Orzamento : 4.500.000 ptas.

Prazo de execución : dous meses.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Ley reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das dministracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

0323