Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3367; XG-373, Lampai-Padrón.

Manuel Barral Troáns, en representación de José Piñeiro Blanco, titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3367; XG-373, entre Lampai e Padrón, e José Sánchez Caeiro, solicitaron conxuntamente o cambio de titularidade da citada concesión a favor desta última.

Con data do 25 de setembro de 1995, a Dirección Xeral de Transportes autorizou o cambio de titularidade condicionado á formalización da cesión en escritura pública.

Unha vez cumpridos os requisitos esixidos, esta dirección xeral resolve autoriza-lo cambio de titularidade, quedando subrogado José Sánchez Caeiro nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

0221