Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso mediante procedemento aberto, con carácter de urxencia, para a contratación do servicio consistente na limpeza de locais nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia ó concurso mediante procedemento aberto, con carácter de urxencia, para á contratación do servicio consistente na limpeza de locais nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda. As características básicas da contratación son as seguintes:

Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.- 54 41 34.

Modalidade: concurso mediante procedemento aberto, con carácter de urxencia.

Obxecto: servicio consistente na limpeza de locais nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Prazo de execución: o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996. O dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ó da formalización do contrato.

Forma de pagamento: por transferencia mensual contra factura e coa certificación da delegación territorial correspondente de que se realizou de conformidade.

Orzamento máximo: o importe máximo do orzamento autorizado, IVE incluído para o contrato é a seguinte:

DelegaciónImporte mensualImporte total

A Coruña 454.7415.002.151

Lugo 192.2072.114.277

Ourense 168.3121.851.432

Pontevedra545.4265.999.686

Total:14.967.546

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación:

DelegaciónImporte

A Coruña100.043

Lugo42.286

Ourense37.029

Pontevedra119.994

Documentación de interese para os licitadores: estará á disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse según o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación procederá a apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto dia hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

0173