Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de proxecto e obra, a obra declarada de urxencia: Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de proxecto e obra, da obra declarada de urxencia que se cita:

-Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Orzamento de licitación: 864.640.800 ptas. (oitocentos sesenta e catro millóns seiscentas corenta mil oitocentas pesetas).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e prescripcións técnicas estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez a catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOCE e rematará o día 2 de marzo ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3, 8.4 e 8.5 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación o día 8 de marzo de 1996 ás 12 horas na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1996.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9600203