Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 607

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (375/1991).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria nº 375/1991, a pedimento de Banco Hipotecario de España, S.A., representado polo procurador Manuel García Boado, en reclamación de crédito hipotecario.

Notifícaselle pola presente cédula a Hermelina Villamil González, Manuel Quintana Fernández,

Concepción Pilar Mourín Díaz e Higinio Fernández Fernández, que se dictou nestes a seguinte resolución:

Providencia maxistrado-xuíz Pantín Reigada.

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta, únaselle ós autos o escrito presentado, por promovido o procedemento xudicial sumario que preveñen os artigos 129 e 131 da Lei hipotecaria, respecto dos predios que se describen no dito escrito; requíranse os debedores Manuel Quintana Fernández, Concepción P. Mourín Díaz e Higinio Fernández Fernández por medio dos edictos publicados no DOG, ó atoparense en ignorado paradoiro, para que dentro do termo de dez días fagan efectivo o importe das responsabilidades reclamadas. Líbrese mandamento ó rexistrador da propiedade de Viveiro co fin de que, en relación cos predios dos que se trata, lle remita a este xulgado a certificación da que dispón a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, na que se inserirá o presente provido e transcribirán os predios obxecto de hipoteca e entregaráselle ó procurador demandante para que coide do seu dilixenciado.

Mándao e asínao S.Sª e dou fe. Ante min.

E requírense estes para que dentro do termo de dez días hábiles lle satisfagan á parte demandante as sumas que se reclaman na demanda, baixo apercibimento de que, de non efectua-lo pagamento das cantidades debidas no referido prazo, se continuará o trámite ata a venda en pública poxa dos predios, para facerlle pagamento daqueles ó executante.

E para que lles sirva de notificación e requirimento en forma ós ditos demandados, para os fins, polo termo e co apercibimento expresados, mediante a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

0338