Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 607

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (27/1991).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, e en virtude do acordado en resolución dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co nº 27/1991, sobre insultos e ameazas a axentes da autoridade, coa presente cédula requiro a José Cendán Vázquez, para que compareza ante este xulgado na maior brevidade posible, para que satisfaga a cantidade de cinco mil pesetas á que foi condenado e prevéñoo de que, de non facelo, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de requirimento en forma a José Cendán Vázquez, o cal se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8414