Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 607

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (400/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado co número 400/1995 se dictou, con data dezasete de novembro de mil novecentos noventa e cinco, sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o nº 400/1995, entre partes, dunha, como demandante, Luis Alonso Rodríguez, maior de idade, casado e residente en Inglaterra, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Suárez Espiñeira, e da outra, como demandados, a entidade banco Popular Español, S.A. domiciliado en Madrid, representada en autos polo procurador Caamaño Queijo, asistida da letrada Cadenas Ruiz e Susana Cerqueiro Aradas, maior de idade, solteira e na actualidade en paradoiro descoñecido, sobre tercería de dominio por dependencia do xuízo executivo nº 368 de 1986.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Luis Alonso Rodríguez, contra a entidade Banco Popular Español, S.A., a quen representa o procurador Caamaño Queijo, conformada á demanda, e Susana Cerqueiro Aradas, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro o levantamento do embargo trabado no xuízo executivo que co nº 368/1986 se segue perante este órgano xudicial, sobre o predio que se describe no feito primeiro do escrito rector (nº 15.402 inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 488, libro 151, folio 61), e a súa pertenza ó demandante. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro

do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á demandada rebelde Susana Cerqueiro Aradas, de quen se descoñece o actual domicilio, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

08430