Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/102-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto

de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ocho, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: modificado I do proxecto saídas subestación de Cedeira.

-Situación: Cedeira.

-Descricións técnicas:

Modificado ó proxecto denominado saídas da subestación de Cedeira, consistente en:

Liñas eléctricas aerosubterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e sobre apoios metálicos e de formigón, de 1.220 m e 120 m de lonxitudes subterráneas e aéreas respectivamente, con conductores R.H.V. 15/20 V, de 3 (1 x 240) mm Al e LA-100, con orixe na subestación de Cedeira e remates respectivos en C.T. de Vilela, entronque en L.M.T. a Cedeira e entronque en L.M.T. en dobre circuíto a Valdoviño. Cedeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

201